• Noticia nova

Comisión de servizos por CONCILIACIÓN FAMILIAR- resolución provisional


08 Xun, 2026

WEB Resolución do 8 de xuño de 2026

>> Anexo I: Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (mestres)

>> Anexo II: Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (secundaria)

>> Anexo III: Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (relixión)

>> As persoas interesadas poderán formular alegacións, no prazo comprendido entre os días 9 e 15 de xuño o de 2026 ambos os dous incuídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Alegacións activado no procedemento normalizado ED010B:

  1. Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal . Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.

  2. Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, (código de procedemento ED010A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións”.

        ►IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010A). Non se tramitarán as alegacións formuladas en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

  3. Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

    A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegacións asinado como o recibo de presentación desta.

Para calquera dúbida, contacta con ANPE