WEB - Representantes de ANPE manteñen unha reunión coa directora xeral e a directora do Departamento de Xestión Económica e Financeiro
ANPE estivo representado por Sonia García Gómez, vicepresidenta nacional, José Cuadrado Montáñez, secretario de organización nacional e José Francisco Venzalá González, presidente nacional. Na devandita reunión trasladamos as nosas demandas e reivindicacións relativas ao servizo e prestacións de MUFACE.
En ANPE consideramos imprescindible que se financie, potencie e modernice MUFACE para asegurar a súa continuidade e que se melloren notablemente os servizos que ofrece aos mutualistas.
É prioritario asegurar a viabilidade futura do mutualismo administrativo garantindo a estabilidade do sistema e a continuidade do modelo MUFACE mediante un financiamento suficiente e estable. Para protexer os dereitos adquiridos dos mutualistas, urxe blindar financeira, normativamente e dotar da seguridade xurídica o sistema fronte a situacións de incerteza como as vividas nos últimos anos. Neste contexto, abordáronse as cuestións que preocupan ao colectivo docente que, non esquezamos, representamos os 2/3 dos mutualistas. Entre outras cuestións, instamos a:
- Garantir en condicións de igualdade a calidade asistencial en todo o territorio nacional, evitando as diferenzas entre comunidades autónomas.
- Supervisar que as entidades de asistencia sanitaria manteñan cadros médicos amplos e suficientes, evitando a perda de especialistas e centros sanitarios.
- Establecer un acceso rápido a especialistas en todas as provincias e reducir as listas de espera e desprazamentos.
- Reforzar a cobertura sanitaria en zonas despoboadas e territorios periféricos garantindo a equidade territorial.
- É necesario incrementar os recursos e número de profesionais de atención psicolóxica e psiquiátrica para responder o aumento de problemas de saúde mental entre docentes
- Sobre a incapacidade temporal, trasládannos a posta en marcha de actuacións encamiñadas a dixitalizar e axilizar a entrega de documentación relacionada co proceso.
Sobre os temas expostos, o directora xeneral comunicounos a intención de abordar a problemática da saúde mental ofrecéndose para resolver e tratar directamente calquera problema, dúbida ou consulta que nos poida xurdir, así como calquera achega ou valoración que lle traslademos.
Desde ANPE unha vez máis apostamos pola información e transparencia como elementos esenciais ante a posible aparición de contos e falsos rumores ou noticias que poidan xerar incerteza e malestar entre os mutualistas. Seguiremos defendendo e traballando por unha asistencia sanitaria de calidade, estable e con garantías para todos os docentes e as súas familias.