• Noticia nova

MUFACE - prazo en xuño para cambio ordinario de entidade sanitaria


01 Xun, 2026

WEB - MUFACE: Apertura de prazo para cambio ordinario de entidade médica durante o mes de xuño

O novo concerto entre MUFACE e as entidades de seguro de asistencia sanitaria para 2025-2027 establece que, os mutualistas e beneficiarios, que estean adscritos ao INSS (Sistema Sanitario Público) ou ás Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria (ADESLAS, ASISA),  poderán solicitar cambio ordinario de entidade médica durante o mes de xuño.


 É importante antes de tomar esta decisión, comprobar os servizos das entidades sanitarias:

Como solicitar dito cambio?

1. A través da sede electrónica, con Cl@ve concertada ou Cl@ve PIN, certificado electrónico ou DNI electrónico.

2. Pode enviarse o formulario por correo postal, á correspondente oficina, ou presentalo en calquera rexistro dos contemplados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Pode acudirse ás oficinas provinciais de Muface para formular a solicitude, con cita previa.

Unha vez feito o cambio, se se solicitou a adscrición a servizo público de saúde, o correspondente cartón sanitario deber solicitarse no respectivo Centro de Saúde.

Se pola contra se pediu a adscrición a unha entidade concertada, ou #cambiar dunha entidade concertada a outra, será a propia entidade a que remita ao seu domicilio o novo cartón no prazo dunha ou dúas semanas.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE