• Noticia nova

OPOSICIÓNS 2026 - Composición dos TRIBUNAIS que xulgarán o proceso


27 Mai, 2026

DOG - RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se nomea e se fai pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de acceso  ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos diferentes corpos da Comunidade Autónoma de Galicia

  • Os tribunais constituiranse dentro do prazo máximo de cinco (5) días hábiles.
  • Quedan autorizadas as comisións de servizos dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, que terán dereito a percibir as axudas de custo e os gastos de viaxe de acordo coa lexislación vixente: LIGAZÓN

 

ANPE reclama que se proceda ao aboamento das dietas de manutención a todas as persoas integrantes dos tribunais, con independencia da súa localidade de residencia. A situación actual xera unha desigualdade dificilmente xustificable e non responde á realidade do traballo que desenvolven durante este proceso.

O desenvolvemento das tarefas propias dos tribunais esixe xornadas intensas e con tempos moi axustados, que en moitos casos non permiten ás persoas integrantes desprazarse aos seus domicilios para realizar a comida en condicións razoables. Ademais, resulta conveniente que o tribunal permaneza reunido durante a xornada para garantir o correcto desenvolvemento do proceso, evitar atrasos e imprevistos e facilitar a coordinación necesaria entre os seus membros.

Non resulta aceptable que quen asume unha responsabilidade tan elevada, dedicando practicamente un mes de traballo adicional a este proceso, teña que facelo baixo unhas condicións económicas que non se corresponden coa carga de traballo, coa responsabilidade asumida nin co compromiso esixido. O esforzo extraordinario realizado polas persoas integrantes dos tribunais debe ser recoñecido e compensado de maneira xusta, evitando agravios e garantindo unhas condicións dignas para o desempeño das súas funcións.

Por iso, esiximos á Administración que rectifique esta situación e estableza o aboamento das dietas de manutención para todas as persoas integrantes dos tribunais, sen excepción.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE