Dende ANPE trasladamos á Directora Xeral de MUFACE a intranquilidade e desazón xeradas polo recente proceso de renovación do concerto sanitario, unha situación que provocou unha enorme incerteza e unha preocupación real entre milleiros de mutualistas e as súas familias.
Desde ANPE consideramos que un escenario destas características “non pode volver repetirse” e reclamamos medidas que garantan a estabilidade e continuidade do modelo sanitario de MUFACE, do que dependen miles de docentes funcionarios en toda España.
Entre as principais reivindicacións expostas:
- ANPE esixe estabilidade e garantías para asegurar unha atención sanitaria de calidade ao profesorado.
- Así mesmo, solicitamos un reforzo institucional, orzamentario e organizativo de MUFACE co obxectivo de evitar que futuras negociacións poidan poñer en risco o funcionamento do sistema.
- ANPE tamén pediu á Dirección Xeral de MUFACE información sobre as liñas de actuación previstas para o futuro do modelo sanitario e as medidas que se adoptarán para protexer aos mutualistas.
Ademais, solicitamos a celebración dunha reunión formal coa Dirección Xeral para trasladar directamente as inquietudes do profesorado e traballar conxuntamente en solucións que garantan unha adecuada atención sanitaria tanto para os docentes como para os seus beneficiarios.
En ANPE reiteramos o noso compromiso coa defensa dos dereitos do profesorado e podemos asegurar que continuaremos esixindo que a asistencia sanitaria dos funcionarios docentes conte coa estabilidade, calidade e garantías necesarias.