• Noticia nova

RESUMO da Mesa Sectorial - Calendario escolar, Acordo de melloras secundaria e Reintegro Acti. Formación


14 Mai, 2026

WEB - RESUMO COMPLETO da Mesa Sectorial: Dirección CREDO, Calendario Escolar 26/27, Acordo de melloras secundaria e Reintegro Actividades de Formación

Dentro deste Resumo, extraemos os rogos e preguntas:

  • Solicitamos que a Administración educativa galega e o Ministerio resolvan a problemática cos auxiliares de conversa. Solicitamos tamén información sobre o programa PROA tras o anuncio feito polo Consello de Ministros de a dotación de 90 millóns para a comunidade galega. A Administración resposta que o Ministerio trasladou nunha reunión recente que ten un acordo co Ministerio de Traballo, pero dito Acordo parece non estar pechado. A Adminstración galega defende que os auxiliares de conversa non deberían ter unha vinculación de carácter laboral. A Consellería o que quere é seguridade para non verse exposto a sancións.
  • OPOSICIÓNS -  solicitamos que se faga un maior esforzo para que as adaptacións de tempo e medios cheguen de maneira efectiva aos tribunais.
  • ANPE demanda que se aborde a redución da xornada semanal ás 35 horas semanais no ámbito educativo.
  • ANPE demanda o establecemento do 6º sexenio para o profesorado galego.
  • ANPE demanda que para o CADP se faga o traballo necesario para sacar todas as vacantes susceptibles de cobertura. No caso de que saían vacantes posteriores deben contar con xustificación para que esas vacantes sexan as minímas posibles e sempre casos excepcionais debidamente xustificadas.
  • Cátedras de conservatorio - ANPE demanda solucións para o CADP. A Administración resposta que están traballando nesta liña.
  • ANPE demanda a convocatoria de prazas sometidas a convenio, asesorías e aquelas convocatorias que aínda non pasaron por Mesa.
  • ANPE esixe unha vez máis que se aborde a modificación e actualización do catálogo de postos de traballo totalmente desactualizado.
  • ANPE demanda explicacións sobre as incidencias nas probas diagnósticas. A Administración resposta que según AMTEGA os problemas do primeiro día foi unha cuestión técnica e non por falta de instrucións.