• Noticia nova

Instrucións para acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores


27 Abr, 2026

DOG - RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2026/27.

 

a) Anexo I. Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática.

b) Anexo II. Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

c) Anexo III. Ensinanzas artísticas superiores de Deseño.

d) Anexo IV. Ensinanzas artísticas superiores de Música.

  • inscrición cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible na aplicación informática «EAS» (https://www.edu.xunta.gal/eas)

  • O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as datas especificadas a seguir: 

a) Para as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, o prazo rematará o 16 de xuño de 2026, incluído. 

b) Para as ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, o prazo rematará o 5 de xuño de 2026, incluído. 

c) Para as ensinanzas artísticas superiores de Deseño, o prazo rematará o 5 de xuño de 2026, incluído.

d) Para as ensinanzas artísticas superiores de Música, o prazo rematará o 21 de maio de 2026, incluído. Non obstante, para as persoas ás cales lles resulte de aplicación o disposto no número 2.6 desta resolución, o prazo de inscrición rematará o 15 de maio de 2026, incluído.