Data: 13 de maio de 2026
Hora: ás 18:30 horas.
Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5 Santiago de Compostela (A Coruña)
Quedan autorizadas as comisións de servizos das persoas membros dos tribunais que necesiten desprazarse para o exercicio de tal función, tendo dereito a percibir as axudas e gastos de viaxe de acordo coa lexislación vixente. Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 144/2001, de 7 de xuño, modificado polo Decreto 144/2008, de 26 de xuño (DOG de 18 de xullo) e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, c. de erros do 1 de xuño) e deberá entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.