DOG - RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2026 (código de procedemento PR775A).
- DESTINATARIOS: Está dirixido a nenas e nenos que teñan a súa veciñanza administrativa en calquera dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia e teñan idades comprendidas, en función das dúas categorías previstas, de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.
- PREMIOS: 1º 250€. 2º 200€. 3º 150€
-
Os contos serán inéditos e deberán redactarse en lingua galega. A temática será libre.
Terán unha extensión mínima dunha páxina e máxima de cinco e deberán estar escritos por unha soa cara. En caso de presentar os textos en papel, deberá utilizarse o tamaño A4 e non unir as páxinas con clips, grampas ou outros elementos. As páxinas deberán estar numeradas.
A primeira páxina do conto deberá incluír unicamente o título e o pseudónimo. No conto non poderá figurar ningún dato que permita identificar a persoa participante.
- SOLICITUDES: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
- PRAZO: 1 mes ( 9 de abril a 9 de maio)
Organizado pola EGAP