WEB - ANPE solicita por escrito o cesamento inmediato do novo Director Territorial de Educación de A Coruña: José Santiago Freire Abeijón
Consideramos que dito nomeamento non responde aos principios de idoneidade, mérito e adecuación ao ámbito educativo e é incompatible cos valores de igualdade, respecto e convivencia democrática.
Desde ANPE Galicia dirixímonos a esta Consellería para trasladar a nosa profunda preocupación e rexeitamento ante o recente nomeamento de D. José Santiago Freire Abeijón como Director
A ausencia dunha traxectoria profesional vinculada ao sistema educativo xera serias dúbidas sobre a súa capacidade para afrontar os retos específicos do ámbito educativo galego.
Así mesmo, teñen transcendido diversas manifestacións públicas atribuídas ao citado responsable que resultan incompatibles cos valores de igualdade, respecto e convivencia democrática que deben inspirar o funcionamento do noso sistema educativo e que o profesorado traballa diariamente nas aulas.
A figura do Director Territorial de Educación debe ser un referente institucional que contribúa a xerar confianza, cohesión e respecto dentro da comunidade educativa e debe contar, desde o noso punto de vista cun contrastado perfil profesional no eido educativo. Neste sentido, entendemos que a situación actual dificulta gravemente ese obxectivo.
Por todo o exposto, solicitamos o cesamento inmediato de D. José Santiago Freire Abeijón no cargo de Director Territorial de Educación na Coruña, en aras de preservar a credibilidade institucional e o adecuado funcionamento do sistema educativo.