DOG - CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 18 de febreiro de 2026 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e o procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres de Galicia
- Base oitava. Proba de acreditación de coñecemento do castelán para persoas que non posúan a nacionalidade española, debe dicir:
A proba de acreditación do coñecemento do castelán terá lugar o día 13 de maio de 2026, ás 17.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela)
- Base novena. Acreditación do coñecemento do galego, debe dicir:
Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, terá lugar o día 13 de maio de 2026, ás 18.30 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela)