BOE - Real Decreto 68/2026, do 4 de febreiro, polo que se regula a inspección educativa.
O RD 68/2026: regula de forma moito máis ampla a inspección educativa incluíndo principios, funcións, organización, actuacións, avaliación, formación, desenvolvemento profesional e acceso ao corpo, non só o acceso e provisión de postos. É un marco normativo global e actualizado, fronte ao enfoque parcial do 2193/1995.
Incorpora directamente no seu propio texto todas as normas sobre acceso ao corpo de inspectores (requisitos, sistema selectivo, méritos, fases, valoración de experiencia etc.), de forma autónoma e detallada, no canto de depender do desenvolvido nun regulamento xeral para todos os corpos docentes.
Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa.
1.Queda derrogado o Real Decreto 2193/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas básicas para o acceso e a provisión de postos de traballo no Corpo de Inspectores de Educación.
2.Queda derrogado o capítulo III do título IV e o anexo III do Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos de funcionarios docentes aos que se refire a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, aprobado polo Real Decreto 276/2007, do 23 de febreiro
3.Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido nesta norma