ANPE solicita un permiso retribuido por causas climatolóxicas adversas


27 Xan, 2026

WEB - ANPE solicita un permiso retribuído de 4 días por causas climatolóxicas adversas que está incorporado no Estatuto dos traballadores, para que se aplique no ámbito docente

Xustificante rexistro

✅A protección da seguridade e da saúde do persoal empregado público é un dereito básico recoñecido polas leis.

✅ No 2024 aprobáronse medidas que reforzan a necesidade de evitar que as persoas traballadoras se expoñan a riscos graves, como os derivados de fenómenos meteorolóxicos extremos.

✅As normas da función pública e da prevención de riscos obrigan á Administración a garantir condicións de traballo seguras, especialmente cando hai perigo grave ou dificultades para acceder aos centros de traballo.

✅Cando existen alertas meteorolóxicas oficiais ou recomendacións das autoridades que desaconsellan os desprazamentos, debe priorizarse a seguridade e a integridade física do persoal funcionario.

✅Por iso, solicítase que se recoñeza un permiso retribuído por causas meteorolóxicas adversas para o persoal funcionario da Xunta de Galicia, nos casos de imposibilidade de acceso ao posto de traballo ou de risco grave e inminente.