WEB - Nova medida para calcular a pensión de xubilación no Réxime da Seguridade Social no ano 2026
O 1 de xaneiro de 2026 entra en vigor unha das medidas clave do Real Decreto-lei 2/2023, que introduce un sistema dual para o cálculo da base reguladora da pensión de xubilación. O obxectivo é evitar que os últimos anos de vida laboral, se non foron bos, prexudiquen a contía da pensión.
No novo sistema dual de cálculo, a Seguridade Social calculará a base reguladora mediante dous métodos e aplicará de oficio a máis beneficiosa para o traballador:
-
Modelo tradicional: Media das bases de cotización dos últimos 25 anos (300 meses).
-
Modelo de transición (29 anos): Media das bases de cotización de 27 anos elixidos entre os últimos 29. Na práctica, isto permite descartar os 2 peores anos de cotización.
Aplicación específica en 2026, como a implantación deste novo sistema é progresiva, en 2026 o cálculo realizarase comparando:
-
As últimas 300 bases de cotización (25 anos).
-
As 302 mellores bases seleccionadas dentro dun período de 304 meses (25 anos e 4 meses).
Idade ordinaria de xubilación en 2026 A idade de xubilación segue o seu incremento gradual:
-
65 anos: Se se teñen cotizados 38 anos e 3 meses ou máis.
-
66 anos e 10 meses: Se se cotizou menos dese período.
Pensión máxima O límite máximo para as pensións públicas en 2026 queda fixado en 3.359,60 euros mensuais (47.034,40 euros anuais distribuídos en 14 pagas).