Convocatoria para asistir a eventos de formación programa eTwinning


17 Nov, 2025

BOE - Convocatoria para asistir a eventos de formación dentro do programa eTwinning nos países participantes no programa.

 82 prazas para a asistencia a varios eventos de formación para o ano 2026 dentro do marco da acción eTwinning nos países participantes no programa, para profesorado en activo en centros docentes sostidos con fondos públicos ou privados de calquera das especialidades dos ensinos oficiais non universitarias durante o curso 2025/2026, sempre que reúnan os requisitos establecidos na Resolución.

Ao profesorado asistente aos eventos expediráselles, unha vez finalizados os mesmos e xustificada a súa participación, un certificado polo número de horas de formación correspondentes ao evento no que participaron.