• Noticia nova

Data proba en liña CELGA 4 - 5 de decembro


13 Nov, 2025

DOG - RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixa a data de realización da proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025, que foi convocada mediante a Resolución do 8 de outubro de 2025 

 

  • Data de realización da proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4), convocada mediante a Resolución do 8 de outubro de 2025, o 5 de decembro de 2025.
  • ​A hora de comezo da proba será ás 9.00 horas. Para realizar a parte escrita, disporase dun máximo de tres horas e, para a parte oral, duns trinta minutos.

Conforme o punto 11.1 da convocatoria, con antelación suficiente á data da proba, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles ás persoas seleccionadas as instrucións que deberán seguir para a súa realización