• Noticia destacada

CXT 25/26 - Convocatoria de Concurso Xeral de Traslados Autonómico


07 Nov, 2025

DOGORDE do 23 de outubro de 2025 pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino Secundario, EOI, Música e Artes Escénicas, Artes plásticas e deseño, PESSFP, PTFP para extinguir, Mestres de taller de artes plásticas e deseño, Mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A)

  • PRAZO de participación: do 10 ao 28 de novembro

 

  • PERSOAL OBRIGADO A PARTICIPAR: Funcionarios en prácticas, Funcionarios de carreira: provisionais, suprimidos ou desprazados, reingresados e Funcionarios definitivos que vaian solicitar unha comisión de servicios e non obtiveran o seu destino definitivo o curso pasado 24/25.

Resolución PROVISIONAL: última semana de febreiro

O persoal concursante poderá presentar reclamacións á puntuación outorgada, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web da Consellería de Educaciónou unha vez publicada a adxudicación provisional no prazo de 10 días hábiles.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE