Calendario para elección membros de Consellos Escolares


09 Out, 2025

DOG - RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para realizar eleccións para a constitución do consello escolar en centros docentes de nova creación e outros sustentados con fondos públicos

  • A xunta electoral constituirase entre os días 20 e 24 de outubro de 2025
  • As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa para a primeira constitución do consello escolar nos centros que iniciaron o seu funcionamento no curso 2025/26 realizaranse entre os días 10 e 14 de novembro de 2025
  • A dirección do centro, como presidencia da xunta electoral, unha vez proclamados os candidatos e candidatas elixidos, dará traslado das copias das actas (anexo I) de cada mesa electoral á Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

    Logo da constitución do consello escolar, á que se refire o artigo 52 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, a dirección do centro remitirá á Dirección Territorial, antes do 15 de decembro de 2025, o informe de seguimento que se publica como anexo II a esta resolución.