• Noticia nova

Curso - Iniciación aos deportes na Educación Secundaria


06 Out, 2025

WEBCurso presencial: Iniciación aos deportes na Educación Secundaria, homologado pola Consellería de Educación. 

  • Curso gratuito de 8 horas homologadas e válidas para todos os procesos: oposicións, sexenios, CXT, bolsas de traballo...
  • 6 e 13 de novembro no Pabellón IFEVI, nº4 – Vigo
  • INSCRICIÓN: Ligazón
  • Con este curso preténdese dotar de habilidades para a realización e posta en práctica de unidades didácticas que permitan implementar accións de cooperación entre centros educativos facilitando coas mesmas un traballo coordinado.

RELATORES:

 

  • Eloi Fernández González, adestrador persoal titulado especializado en calistenia. Atleta a nivel internacional e vixente campión mundial da especialidade.
  • Daniel Suárez Fernández, bailarín especializado en danzas urbanas (Hip-hop Freestyle). Coreógrafo da Compañía de Danza e Teatro El Profe.
  • Nerea Suárez Fernández, graduada en educación infantil e primaria. Bailarina especializada en Danzas Urbanas. Profesora titular de danza urbana no club deportivo Da Vigo

 

Se tes algún problema ou dúbida sobre esta actividade, contacta directamente con ANPE Pontevedra (986437043- pontevedra@anpe.es)