Curso - Iniciación aos deportes na Educación Primaria


06 Out, 2025

WEBCurso presencial: Iniciación aos deportes na Educación Primaria, homologado pola Consellería de Educación. 

  • Curso gratuito de 12 horas homologadas e válidas para todos os procesos: oposicións, sexenios, CXT, bolsas de traballo...
  • 22, 27 e 29 de Outubro no Pabellón IFEVI, nº4 – Vigo
  • INSCRICIÓN: Ligazón
  • Con este curso preténdese dotar de habilidades para a realización e posta en práctica de unidades didácticas que permitan implementar accións de cooperación entre centros educativos facilitando coas mesmas un traballo coordinado.

RELATORES:

  • Ana Alonso Fragua, graduada en ciencias da Actividade Física e do Deporte e Máster en Alto Rendemento Deportivo. Adestradora da A.D Carballal División de Honra Feminina de balonmán e analista de vídeo da Selección Española Absoluta Feminina de Balonmán.
  • Juan José Martínez Ordónez, Instrutor de Kung-Fu cinturón negro 4º Dan da Federación Galega de Kung -Fu. Adestrador de Defensa Persoal Feminina Nivel 1.
  • José Carlos Otero López, licenciado en pedagoxía e instrutor de Pickleball pola Federación Española de Tenis e membro fundador da Asociación de Pickleball de Galicia (APIGA).
  • Xan Rodiño García, Licenciado en Ciencias da Educación. Certificado de profesionalidade en Animación de actividades físico-deportivas e recreativas.

Se tes algún problema ou dúbida sobre esta actividade, contacta directamente con ANPE Pontevedra (986437043- pontevedra@anpe.es)