• Noticia nova

XXVIII Xornadas do ensino: por un ensino diferente


09 Set, 2025

WEB - XXVIII Xornadas do ensino: por un ensino diferente

Curso de formación do profesorado, que versará sobre un ensino diferente, proporcionando formación e información tanto teórica como práctica ao profesorado, que permita unha aprendizaxe máis integral, emocional e motivadora, xa que estes medios desenvolven a creatividade, a empatía, o pensamento crítico e a comprensión de diferentes culturas e contextos sociais.

>> Actividade homologada con 10 h de formación do profesorado organizada por ANPE LUGO na modalidade de Xornadas.

>> 17 e 18 de Outubro no Salón de Actos do Vello Cárcere en LUGO.

>> MATRÍCULA ABERTA: LIGAZÓN

Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente. Se tes algúnha dúbida sobre esta actividade, contacta directamente con ANPE Lugo 982227912 – lugo@anpe.es