- PRAZO: 10 días hábiles
- Os centros e persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización FP deberán solicitar a súa alta á dirección do centro, que rexistrará todas as persoas interesadas, na aplicación Xade seguindo o itinerario: <<Profesorado>Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <<Coordinador prácticum curso especialización FP>> e <<Voluntario para titorizar prácticum curso especialización FP>>.
-
Os centros educativos que desexen ser designados como centros de prácticas deberán cumprir os seguintes requisitos: Aprobación do claustro de profesores/as, para colaborar co prácticum.
-
Á persoa titora corresponderalle a tutela dun máximo de tres alumnos/as en prácticas.