- Suprimir os centros docentes que se relacionan no anexo IV.
- Aos centros que incrementen o número de postos de traballo aplicaráselles o establecido na Orde do 30 de marzo de 1992 pola que se regula a mobilidade das funcionarias e dos funcionarios pertencentes ao corpo de mestras e mestres nos propios centros por incremento de postos de traballo.
-
Estes novos postos poderán ser solicitados polo profesorado con destino definitivo no centro que conte coa oportuna habilitación e accedese a este por concursos anteriores ao convocado no curso 1990/91, sempre que non conseguise un novo posto de traballo nel como consecuencia doutros procesos de adscrición ou de mobilidade no propio centro. Non obstante, poderaos solicitar o profesorado que, estando en posesión da correspondente habilitación, estea adscrito a postos de traballo que se vexan afectados por diminución nun número máximo igual á redución de postos.
2. Así mesmo, aplicarase o Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función das causas de acceso a el
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE