• Noticia destacada

OPOSICIÓNS 2025 - Persoal que superou o proceso selectivo


22 Ago, 2025

DOG - ORDE do 1 de agosto de 2025 pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 14 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro)

 

  • As persoas opositoras seleccionadas que se relacionan no anexo deberán presentar por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) (código de procedemento ED001A) e dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a documentación que se relaciona na base 19.1 da Orde do 14 de febreiro de 2025 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro): no prazo de vinte (20) días hábiles ( do 25 de agosto ao 19 de setembro) contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.  
     
  • Presentación de DOCUMENTACIÓN 

 

  • Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses.

 

Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE