DOG - RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2025/26 entre o persoal docente dos diferentes cortos que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, a aquelas persoas que resultan desprazadas por falta de horario, ao persoal ao cal se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo (código de procedemento ED002B).
O persoal docente que obtivo destino na adxudicación de destinos provisionais tomará posesión no centro educativo de destino con efectos do día 1 de setembro de 2025 e deberá entregar cuberta e asinada a documentación que máis abaixo se indica e a cal será remitida polo centro educativo ao departamento territorial correspondente.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, electronicamente, no trámite activado para o efecto no procedemento ED002B, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ou directamente, no prazo de dous meses contados un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo.
1/8/25 - RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2025 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2025/26 entre o persoal docente pertencente aos diferentes corpos docentes que non teñan destino definitivo,
Os nomeamentos serán remitidos ao enderezo de correo electrónico das persoas interesadas.