Instrucións para ensinanzas básicas de educación e bacharelato para persoas adultas e non regradas


07 Xul, 2025

DOG Resolución do 20 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación e bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso 2025/26

 

  • Son ensinanzas para persoas adultas::

a) Niveis I e II da etapa das ensinanzas iniciais: modalidades presencial e semipresencial.

b) Educación secundaria para persoas adultas: modalidades presencial, semipresencial e a distancia.

c) Bacharelato nas modalidades presencial e a distancia (semipresencial e telemática).

d) Castelán e galego para inmigrantes.

e) Aula Mentor.

f) Outras actividades de carácter non regrado.

  • Horario das ensinanzas para persoas adultas

    1. As ensinanzas para persoas adultas impartiranse, con carácter xeral, entre as dezasete e as vinte e dúas horas trinta minutos, de luns a venres. Dentro deste período de horario máximo, o centro establecerá o seu propio horario lectivo e, cando menos, un período de descanso, que non será inferior aos quince minutos e que se situará entre dous períodos lectivos.

    2. No caso do bacharelato a distancia, as titorías lectivas impartiranse entre as dezaoito trinta horas e as vinte e tres horas, de luns a venres.

  • Os períodos lectivos nas ensinanzas para persoas adultas terán unha duración mínima de 45 minutos.

Desde ANPE esiximos á administración que dote aos centros educativos do profesorado imprescindible para garantir unha educación pública de calidade. Abonda xa de medidas que só funcionan sobre o papel: a realidade diaria nas aulas é insostible e está moi lonxe do que se reflicte nos plans oficiais.