-
O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.
O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o ÚLTIMO EXPEDIENTE co código de procedemento ED001A/2025, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional -
Anexo I: persoal aspirante ADMITIDO definitivamente PRIMARIA
-
Anexo I: persoal aspirante ADMITIDO definitivamente SECUNDARIA e outros
-
Anexo II: persoal aspirante EXCLUIDO definitivamente PRIMARIA
-
Anexo II: persoal aspirante EXCLUIDO definitivamente SECUNDARIA
-
Listaxe de persoas non exentas da proba de galego secundaria
-
Corrección de erros persoal aspirante admitido e excluido definivamente secundaria
As persoas que non figuren na listas definitivas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para interpoñer o dito recurso deberá realizarse mediante o modelo de solicitude xenérica PR004A:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECURSO RESOLUCIÓN DO 7 DE MAIO DE 2025 e especificar o corpo e especialidade
b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Recorda que o recurso estará ben presentado se tes descargados os PDF.
Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE