MUFACE - ANPE seguirá loitando por unha atención sanitaria correcta e eficiente


07 Mar, 2025

WEB - A Plataforma celebra a permanencia das dúas grandes aseguradoras médicas, pero seguirá alerta procurando que a atención sanitaria dos funcionarios sexa correcta e eficiente, especialmente agora que as compañías deberán absorber aos 200.000 mutualistas que perden á aseguradora que non suscribiu o concerto DKV.

 Os sindicatos que conforman a Plataforma recibiron con alegría, pero tamén con expectación, o resultado da apertura de sobres da licitación de Muface. Despois de tantos meses de tensión e incerteza e de levar a cabo tantas iniciativas en común, estamos orgullosos do traballo realizado.

As nosas cartas, reunións, manifestacións, e a atención continua aos nosos afiliados neste período de tanta preocupación son motivo de satisfacción, pero non imos parar aquí.

Agora tócanos seguir de preto a evolución do novo concerto no que as dúas aseguradoras que asumen a responsabilidade de cubrir a atención sanitaria do millón e medio de mutualistas deberán afrontar a chegada de 200.000 mutualistas que perderon á súa aseguradora médica nesta negociación.

Imos estar moi pendentes desa transición e especialmente de todos os mutualistas que viron ao longo desta negociación como se cancelaban ou demoraban os seus tratamentos, probas e diagnósticos.

Tamén queremos continuar traballando en mellorar o concerto sanitario para que non se repitan na futuro crise como a que estamos a vivir nestes meses. É fundamental garantir a renovación do concerto de modo rigoroso e certeiro para que os funcionarios e as súas familias reciban unha correcta atención sanitaria, sen necesidade de vivir con angustia a negociación entre Goberno e aseguradoras, cremos que o papel de Muface debe ser predominante e comunicar aos seus mutualistas no tempo e forma correctos, pero sobre todo negociar como corresponde a unha mutua do seu tamaño.

A nosa Plataforma segue adiante xunto aos nosos afiliados e o resto dos funcionarios que sufriron esta inxusta situación ata que todo estea en orde e funcionando.

Polo de agora, deberemos esperar instrucións para o cambio de entidade, de ser o caso, tal e como se recolle na web de MUFACE

Todos os mutualistas que reciben asistencia sanitaria concertada terana garantida nas condicións actuais ata que se formalice o novo contrato, en virtude da continuidade dos servizos que prevé a Lei de Contratos do Sector Público.

Os mutualistas que neste momento teñen a cobertura sanitaria asegurada con DKV terán un prazo para elixir outra das entidades concertadas que resulten adxudicatarias do concerto, ou ben optar polo servizo público de saúde.

O Concerto para a Asistencia Sanitaria no Exterior: A Mesa de contratación de MUFACE tamén decidiu enviar á unidade técnica a documentación esixida a Nova Mutua Sanitaria como paso previo á adxudicación definitiva do Concerto para o aseguramento da asistencia sanitaria aos mutualistas e beneficiarios destinados e/o residentes no estranxeiro (CASE)".