- Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles (do 18 de febreiro ao 10 de marzo)
- Solicitudes a través de: www.edu.xunta.gal/oposicións (LER DETIDAMENTE a páxina de inicio)
A presentación da solicitude deberá ser obrigatoriamente por medios electrónicos e o pagamento da taxa deberá realizarse na sede electrónica con anterioridade á presentación telemática da solicitude (Axuda cos pasos do PAGAMENTO)
As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego terá que superar unha proba: o día 14 de maio de 2024, ás 18.30 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela) e consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo V e nunha tradución do castelán ao galego.
A asignación de aspirantes iniciarase pola letra F do 1º apelido.
O SORTEO DE TRIBUNAIS terá lugar o día 10 de abril de 2025.
As presidencias dos tribunais concederán a suplencia os que o soliciten e:
- Actuaran como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2020 ou seguintes
- Sexan director@s dalgún centro.
- Teñan permiso sindical a tempo total
- Aquelas persoas que estean a gozar dunha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2025 e que continúen durante o período en que lles correspondería actuar como membro do tribunal.
- As que estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla.
- E as que estean en situación de incapacidade temporal regulamentariamente concedida.
INICIO do PROCESO: 21 de XUÑO
Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE