MUFACE - As mobilizacións da plataforma intersindical ata ter solución


14 Feb, 2025

WEBA Plataforma intersindical, da que ANPE forma parte,decidiu poñer en marcha as concentracións que estaban programadas fronte ás delegacións e subdelegacións do Goberno por todo o territorio nacional cada martes do mes de febreiro ás 12.00h.

Os sindicatos que conforman a Plataforma sairán á rúa para protestar fronte á incerteza que non cesa para o millón e medio de afectados pola falta de acordo na negociación do concerto sanitario de MUFACE, que non termina de culminar de maneira satisfactoria e que ,polo momento, a única certeza que ofrece son as palabras do ministro de Función Pública.

Cremos que a gravidade do asunto require poñer en marcha o noso calendario de accións coas primeiras concentracións programadas e que arrincarán o vindeiro martes 18 de febreiro en Andalucía, Estremadura e Navarra. Seguidas das que se están preparando en Cataluña, A Rioxa e Castela a Mancha para o seguinte martes 25 de febreiro e que continuarán celebrándose os martes do mes de marzo por toda España durante o tempo que sexa necesario.

Remitiremos puntualmente todos os detalles das concentracións programadas e das seguintes accións que levaremos a cabo de non recibir resposta ás nosas demandas.

O obxectivo da Plataforma con esta iniciativa é forzar ao Goberno e ás aseguradoras para acreditar de maneira fidedigna o final dunha crise que tanto desasosego está a xerar nos fogares dos miles e miles de mutualistas afectados pola mesma.

Cunha incerteza e indefensión totais. COA SAÚDE NON SE XOGA!