ANPE organiza unha Xornada sobre Protección de Datos no ámbito educativo


11 Feb, 2025

WEB - ANPE organiza unha xornada en liña sobre Protección de datos no ámbito educativo

Esta xornada é unha oportunidade para aclarar dúbidas habituais e coñecer como aplicar as medidas necesarias para protexer a información persoal no ámbito escolar.

Data: 26 de febreiro

Hora: 17 horas

Duración: 45 minutos

Inscrición: LIGAZÓN

Afiliados gratuito

Non afiliados: 5€

 

A correcta xestión desta información é esencial para garantir a privacidade de alumnos, familias e profesionais. Por iso, ANPE organiza esta Xornada Informativa sobre Protección de Datos no Ámbito Educativo, impartida por Juan Manuel Rebaque, experto en Privacidade dos datos. 

Durante esta sesión de 45 minutos, abordaranse aspectos clave do marco normativo, xunto con recomendacións prácticas para o día a día nos centros educativos. 

Algúns dos temas que se tratarán inclúen: 

  • Principios básicos no tratamento de datos persoais 
  • O deber de información e o consentimento expreso 
  • Publicación de datos persoais: límites legais 
  • Videovixilancia e uso de imaxes en contornas educativas 
  • Xestión de datos en casos de violencia de xénero ou situacións familiares especiais
  • Ciberseguridade e manexo de incidencias 

Convidámosche a participar e descubrir como xestionar os datos persoais de forma adecuada, protexendo sempre os dereitos de todas as partes implicadas.