• Noticia nova

Mesa Sectorial - Oferta de prazas e Orde que regula as oposicións 2025


29 Xan, 2025

WEB - Convocatoria de Mesa Sectorial coa Oferta de Emprego Público (OEP) e a Orde que rexirá os procesos selectivos 2025

1. Proxecto de Decreto polo que se aproba a Oferta de Emprego Público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.

2. Orde ___de 2025 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos diferentes corpos docentes e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia

 

Dende ANPE insistimos en que a Oferta de Emprego Público debe ser o máis ampla posible, falta profesorado para poder atender todas as necesidades educativas que van en aumento ano tras ano.

Podes enviar as túas aportacións a galicia@anpe.es ata o luns, 3 de febreiro.