Esta decisión supón deixar sen efecto o prazo de presentación de ofertas para o concerto, que expiraba o luns 27 de xaneiro. Unha vez que se modifique o prego, acordarase un novo prazo.
MUFACE recalca, no seu comunicado, que os mutualistas continuarán recibindo a mesma asistencia sanitaria que reciben actualmente. Polo que, habería que esperar a ver cales son as ASEGURADORAS que entran á licitación, salvo que se teña claro o cambio á Seguridade Social que tería que facerse dentro do prazo ordinario do mes de xaneiro tal e como se recollía na súa web:
- Do 1 ao 31 de xaneiro de 2025: Poderá solicitarse o cambio a INSS (servizos públicos de saúde de comunidades autónomas e INGESA en Ceuta e Melilla), en cumprimento do convenio subscrito co devandito organismo.
- A partir do momento en que estea vixente o novo Concerto e até a data que se dispoña: Abrirase un segundo prazo para realizar o cambio desde servizo de saúde autonómico a unha entidade concertada ou entre entidades concertadas que sexan adxudicatarias do servizo. Informarase sobre a data de apertura de prazo
Dende ANPE, confiamos en que, como recollen os medios de comunicación, estéase preto dun acordo, despois das mobilizacións convocadas esta semana pola Plataforma intersindical contra o colapso sanitario, da que ANPE forma parte.