WEB - Funcionarios civís de todos os sectores seguen chegando a esta plataforma que trata por todos os medios de poñer fin á crise aberta no seo da negociación entre aseguradoras médicas e Goberno.
Os sindicatos que conforman a nova plataforma reciben aos compañeiros de GESTHA e APFP que se suman ás accións que se están levando a cabo e planificando fronte á terrible situación que atravesan estes días un millón e medio de funcionarios e as súas familias coa incerteza sobre a súa atención sanitaria.
Tras a reunión mantida, quérese lembrar que as portas da plataforma intersindical están abertas para todas aquelas organizacións sindicais que queiran sumar esforzos e deixar ao carón os intereses individuais para loitar por un obxectivo común, así como a todos aqueles funcionarios afectados por esta grave crise e que non forman parte de ningún sindicato.
De igual maneira quérese facer unha chamada ao resto da cidadanía á que tamén concerne esta crise que pode desembocar no colapso dos servizos de saúde pública de toda España, xa que como vimos lembrando desde a plataforma, en moitas comunidades autónomas a situación xa está ao límite.
Queremos anunciar as accións máis inmediatas que puxemos en marcha que son:
- Escrito ao ministro de Función Pública solicitando unha reunión de urxencia cos representantes desta plataforma intersindical antes de final de mes na que estean presentes a secretaria de estado de Función Pública e a directora xeral de Función Pública.
- Convocatoria urxente do Consello Xeral de Muface para informar sobre a situación e o posicionamento de cada un dos seus compoñentes, adoptando medidas que dean resposta inmediata á situación actual e poña fin a esta incerteza.
- Poñer ao dispor dos funcionarios de toda España un escrito de queixa fronte a Muface para canalizar todas as incidencias con respecto á cancelación de citas ou de prestacións e deste xeito facilitar esta tarefa, ademais de establecer o alcance das mesmas para acometer as pertinentes acciones legais, chegado o momento.
- O calendario de mobilizacións está a ser deseñado en base ás informacións que teñan lugar nos próximos días e que son unha demanda de todo o colectivo en todo o territorio nacional.
A atención sanitaria é unha das bases do noso Estado de dereito e non pode estar pendente dun fío por culpa da mala xestión duns e os intereses comerciais dos outros.
Reiteramos a chamada á responsabilidade tanto do Goberno como das aseguradoras que están a negociar sobre un asunto tan serio como é a asistencia sanitaria dos mutualistas, das súas familias e por extensión ao conxunto da cidadanía que sufriría as consecuencias do fracaso destas negociacións.
COA SANIDADE NON SE XOGA!