DOG - Resolución do 11 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2024/25 (código de procedemento PL500A).
-
Solicitude a través da sede electrónica co modelo normalizado que se publica como anexo I: LIGAZÓN
-
As solicitudes, debidamente asinadas polo director ou directora do centro como representante legal deste, dirixiranse ao departamento territorial da Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude da provincia que corresponda.
-
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE