MUFACE - concentracións 11 de decembro diante das sedes provinciais


11 Dec, 2024

WEB -  CONCENTRACIÓNS diante das sedes provinciais galegas o mércores, 11 de decembro ás 11.30 horas.

MUFACE, solución xa! A nosa saúde non é unha mercadoría!

Reclamamos tanto ao Goberno como ás aseguradoras unha solución que dea tranquilidade e calma aos mutualistas.

  • Ás aseguradoras a necesidade de alcanzar un acordo, priorizando a debida atención sanitaria dos funcionarios.
  • Ao Goberno que poña unha solución clara sobre a mesa e que dea certezas e garantías aos mutualistas, ou as medidas que fagan falta para evitar o colapso da sanidade pública.

SE PODES, ÚNETE A NÓS!