ANPE Galicia envía o material doado a Valencia para apoiar os centros educativos afectados


04 Dec, 2024

WEB - ANPE Galicia remitiu recentemente unha importante doazón de material escolar e educativo a Valencia, grazas á solidariedade dos centros educativos, do profesorado e da cidadanía galega.

Este xesto de apoio ten como obxectivo axudar aos centros educativos da Comunidade Valenciana que se atopan nunha situación de necesidade, proporcionando recursos para garantir o desenvolvemento da actividade educativa en condicións óptimas.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todos os centros educativos, profesorado e cidadáns que, coa súa colaboración, fixeron posible esta doazón. A xenerosidade e o compromiso coa educación son, sen dúbida, unha das maiores mostras de solidariedade en tempos de dificultade. Agradecemos tamén de maneira especial a colaboración desinteresada de Transportes Gallardo e Supervan, empresas que facilitaron o transporte deste material, asegurando que chegase de maneira segura e eficiente ao seu destino.

O material será recollido polos compañeiros de ANPE Valencia para a súa distribución.

Este acto reflexa, unha vez máis, o compromiso de ANPE coa comunidade educativa e a súa labor por contribuír a mellorar as condicións de ensino nos centros educativos que máis o necesitan. Grazas á colaboración de todos, faise posible que os centros educativos afectados reciban o apoio necesario para que poidan regresar aos seus centros e contar, polo menos, co material básico necesario para retomar a actividade educativa.".

ANPE Galicia reitera o seu agradecemento a todos os implicados e fai un chamamento á unidade para seguir loitando por unha educación inclusiva e equitativa.