Dúas cualificacións profesionais das familias de Electricidade e de Enerxía


22 Nov, 2024

BOE - Real Decreto 1023/2024, do 8 de outubro, polo que se establecen dúas cualificacións profesionais das familias profesionais Electricidade e Electrónica; e Enerxía e Auga, que se inclúen no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, e actualízanse determinadas cualificacións profesionais.

Este real decreto establece dúas cualificacións profesionais das familias profesionais Electricidade e Electrónica; e Enerxía e Auga, que se inclúen no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Tamén ten por obxecto, actualizar determinadas cualificacións profesionais das familias profesionais Fabricación Mecánica; Hostalería e Turismo; Industrias Extractivas; Informática e Comunicacións, e Instalación e Mantemento, recollidas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, substituíndo os anexos correspondentes polos anexos deste real decreto. Así mesmo, modifícanse parcialmente determinadas cualificacións profesionais das familias profesionais Edificación e obra Civil, Hostalería e Turismo e Industrias Alimentarias mediante a substitución de determinadas unidades de competencia transversais e os seus módulos formativos asociados, incluídos en determinadas cualificacións profesionais actualizadas neste real decreto. As cualificacións profesionais que se establecen, actualizan e modifican parcialmente son as que aparecen relacionadas no artigo 2 deste real decreto.