Resolución provisional Proxectos de formación para profesorado FP e E. de réxime especial


19 Nov, 2024

WEB - Resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 30 de setembro do 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2024-2025 en centros públicos.

>> Prazo de reclamacións ata o 22 de novembro.

>> Resolución provisional de proxectos seleccionados

>> 1º As alegacións ou a renuncia á participación serán presentadas na sede electrónica mediante unha solicitude xenérica, a través do procedemento PR004A, que deberá identificarse co asunto “Proxectos de formación en centros”, na epígrafe “Asunto relacionado”. A solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. De ser o caso, poderase xuntar a documentación que se considere.

Deberase remitir unha copia dixitalizada desta documentación, así como do recibo da súa presentación, por correo electrónico, no prazo establecido, ao seguinte enderezo: sfp@edu.xunta.gal.

Para calquera dúbida ou aclaración, podes contactar con ANPE