>> Solicitudes de permisos para asistir a actividades de formación, recollido no punto 3 do artigo 22 da da Orde do 29 de xaneiro de 2016 a partir do vindeiro 1 de novembro a presentación de solicitudes de permisos para asistir a actividades de formación, e a súa posterior tramitación, realizarase de xeito totalmente telemático:
1. Deberá ir ao enderezo www.edu.xunta.gal/protocoloseducativos > picar no botón verde e entrar co seu correo electrónico, unha vez dentro, no menú da esquerda entrar en Formación Docentes, cubrir os datos e presentar a súa solicitude.
2.Unha vez finalizada a tramitación, recibirá unha comunicación no seu correo electrónico que incluirá unha ligazón dende a que poderá descargar o documento asinado polo director territorial.
(Podes VISUALIZAR estas instrucións na ligazón do título)
Para aclaracións ou dúbidas, podes contactar con ANPE