Este real decreto establece dúas cualificacións profesionais da Familia Profesional Edificación e Obra Civil, que se inclúen no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Tamén ten por obxecto, actualizar determinadas cualificacións profesionais das familias profesionais Electricidade e Electrónica; e Edificación e Obra Civil, recollidas no Catálogo Nacional de Cualificacións, substituíndo os anexos correspondentes polos anexos deste real decreto. Así mesmo, modifícanse parcialmente determinadas cualificacións profesionais da Familia Profesional Edificación e Obra civil, mediante a substitución de determinadas unidades de competencia transversais e os seus módulos formativos asociados, incluídos en determinadas cualificacións profesionais actualizadas recollidas en anexos deste real decreto. As cualificacións profesionais que se establecen e actualizan son as que aparecen relacionadas no artigo 2 deste real decreto.