FP - actualización de cualificacións profesionais das familias profesionais


13 Nov, 2024

BOEReal Decreto 1021/2024, do 8 de outubro, polo que se actualizan determinadas cualificacións profesionais das familias profesionais Actividades Físicas e Deportivas; Administración e Xestión; Artes Gráficas; Artes e Artesanías; Comercio e Marketing; Hostalería e Turismo; Enerxía e Auga; Marítimo Pesqueira; Seguridade e Medio Ambiente; e Servizos Socioculturais e á Comunidade, recollidas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais

Este real decreto actualiza determinadas cualificacións das familias profesionais Actividades Físicas e Deportivas; Administración e Xestión; Artes Gráficas; Artes e Artesanías; Comercio e Marketing; e Enerxía e Auga, recollidas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, substituíndo os anexos correspondentes polos anexos deste real decreto. Tamén ten por obxecto, modificar parcialmente determinadas cualificacións profesionais das familias profesionais Actividades Físicas e Deportivas; Artes Gráficas; Artes e Artesanías; Hostalería e Turismo; Marítimo Pesqueira; Seguridade e Medio Ambiente; e Servizos Socioculturais e á Comunidade, mediante a substitución dunha unidade de competencia transversal e o seu módulo formativo asociado, incluído nunha cualificación profesional actualizada recollida nun anexo deste real decreto. As cualificacións profesionais que se actualizan e modifican parcialmente son as que aparecen relacionadas no artigo 2 deste real decreto.

Finalmente, establécese a correspondencia e os requisitos adicionais, no seu caso, entre unidades de competencia suprimidas como consecuencia deste real decreto e os seus equivalentes actuais no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. A actualización de determinadas cualificacións profesionais conleva a desaparición dalgunhas unidades de competencia