>> O prazo de presentación de instancias de participación para todos os concursos de traslados de ámbito estatal que deben convocarse durante o curso 2024/2025 será desde o día 5 ata o 26 de novembro de 2024, ambos inclusive. Á espera da publicación no DOG unha vez pase pola Mesa Sectorial.
Anexo III: Baremo xeral
Anexo IV: Baremo inspección
Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou ben poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da publicación.