Calendario para elección membros de Consellos Escolares


18 Set, 2024

DOG RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

>> As eleccións para a primeira constitución do Consello Escolar nos centros que inician o seu funcionamento no curso 2024/25 realizaranse entre os días 21 e 25 de outubro de 2024, ambos os dous incluídos. A Xunta Electoral constituirase entre os días 30 de setembro e 4 de outubro de 2024.

>> Para a renovación parcial dos consellos escolares: as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse entre os días 18 e 22 de novembro de 2024, ambos os dous incluídos. A Xunta Electoral, co fin de que todos os sectores implicados poidan participar, establecerá un calendario para as votacións correspondentes.

>> A Dirección do centro, como presidencia da Xunta Electoral, unha vez proclamados os candidatos e candidatas elixidos, dará traslado das copias das actas de cada mesa electoral á directora ou director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Logo da constitución do Consello Escolar, a que se refire o artigo 52 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, a Dirección do centro remitirá á directora ou director territorial, antes do 12 de decembro de 2024, o informe de seguimento que se publica como anexo II a esta resolución.

Outras ligazóns de interese:

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e os decretos 324/1996, do 26 de xullo, 374/1996, do 17 de outubro, e Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro na disposición adicional terceira.1 para RENOVACIÓN PARCIAL.

Orde do 21 de outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do consello escolar e establece o procedemento de integración no consello escolar do profesorado, do alumnado e dos pais e nais do alumnado do primeiro ciclo da ESO que cursen estudos nun centro de primaria, e determina a composición dos consellos escolares dos IES con menos de oito unidades.