>> SOLICITUDES - Os centros e persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado deberán solicitar a súa alta á dirección do centro, que rexistrará todas as persoas interesadas, aínda que en anos anteriores estivesen acreditados na aplicación Xade, seguindo o itinerario <<Profesorado>Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <<Coordinador prácticum máster profesorado>> e <<Voluntario para titorizar prácticum máster profesorado>>.
>> PRAZO - 10 días hábiles dende o día seguinte á esta publicación, en que se pechará a aplicación Xade, e a partir desta data non se poderán introducir máis centros e persoas titoras a coordinadoras nela. As persoas interesadas disporán de cinco (5) días hábiles para realizar as alegacións que consideren ás listas publicadas no portal educativo, no correo formacion.fprofe@edu.xunta.gal