Convocatoria acreditación centros e persoas prácticum PTFP


04 Set, 2024

DOGRESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao Curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2024/25.

>> SOLICITUDES - Os centros e as persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización FP deberán solicitar a súa alta á Dirección do centro, que rexistrará todas as persoas interesadas, na aplicación Xade, seguindo o itinerario <<Profesorado>Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <<Coordinador prácticum curso especialización FP>> e <<Voluntario para titorizar prácticum curso especialización FP>>.

>> PRAZO -  O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e será de 10 días hábiles. Nese momento pecharase a aplicación Xade, e a partir desta data non se poderán introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela. As persoas interesadas dispoñerán de cinco (5) días hábiles para realizaren as alegacións que consideren ás listaxes publicadas no portal educativo, no correo formacion.fprofe@edu.xunta.gal

a) Aprobación do claustro de profesores/as para colaborar co prácticum.

b) Incorporación, na programación anual, da participación do centro no desenvolvemento das actividades de titoría do alumnado do prácticum, autorizando a súa presenza e participación nas actividades do centro docente e asumindo o equipo directivo e a persoa coordinadora do prácticum do centro a responsabilidade de supervisión do seu desenvolvemento e a interlocución coas persoas responsables do prácticum na universidade.

>> ORDE do 18 de abril de 2011 pola que se establece o procedemento para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia.