CADP 2024 - publicación da adxudicación definitiva


23 Ago, 2024

DOG - RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2024 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2024/25 entre o persoal docente dos diferentes corpos docentes  que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, a aqueles que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo (código de procedemento ED002B).

>> O persoal adxudicatario tomará posesión no centro educativo de destino e incorporarase con efectividade económica e administrativa do 1 de setembro de 2024, con independencia da data de inicio das actividades lectiva.

>> Os nomeamentos serán remitidos ao enderezo de correo electrónico das persoas interesadas.

>> INSTRUCIÓNS PARA TOMA DE POSESIÓN 

>> Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, electronicamente, no trámite activado para o efecto no procedemento ED002B, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ou directamente, ou no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo.

Para calquera dúbida, contacta con ANPE.