• Noticia destacada

OPOSICIÓNS 2024 - persoal que superou o procedemento


23 Ago, 2024

DOG - ORDE do 29 de xullo de 2024 pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso aos diferentes corpos docentes  e o procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024.

>> Os destinos que obteñan as persoas opositoras que se relacionan no anexo desta orde terán carácter provisional, polo que estarán obrigadas a participar, no seu momento, nos concursos de traslados que se convoquen ata obteren un destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa desta consellería.

>> As persoas opositoras seleccionadas que se relacionan no anexo deberán presentar por medios electrónicos na sede electrónica (https://sede.xunta.gal), dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a documentación que se relaciona na base 19.1 da Orde do 31 de xaneiro de 2024 no prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. 

>> Procedenento de entrega de documentación

>> ANEXO XII - declaración responsable

Entenderase que renuncian ao procedemento selectivo as persoas opositoras seleccionadas que non se incorporen ao destino provisional adxudicado.

>> Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.