Concurso de méritos de atención preferente - publicación definitiva


09 Ago, 2024

DOGORDE do 23 de xullo de 2024 pola que se resolve o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente, convocado mediante a Orde do 16 de maio de 2024 (DOG do 27 de maio).

>> As prazas adxudicaranse en réxime de comisión de servizos durante un período dun (1) ano e ata un máximo de seis (6), e con reserva do posto de traballo de orixe.

 >> A prórroga exixirá petición da persoa interesada no prazo de cinco (5) días hábiles desde a publicación do último concurso xeral de traslados na páxina web desta consellería, así como o informe favorable da inspección educativa e, de resultar preciso, informe complementario do equipo de orientación específico.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.