WEB - Presentación da documentación dos novos FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS
A publicación no DOG da relación de persoal aprobado será o día 23 de agosto de 2024 de xeito que o prazo para a presentación de documentación comezará o día 24 de agosto de 2024 e finalizará o día 20 de setembro de 2024.
>> Procedemento de presentación e documentación
- A) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado ou afectada por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia (aceptarase tamén un informe médico).
A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá, se non o fixo anteriormente, presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.
-
B) Declaración responsable dispoñible na sede electrónica no procedemento normalizado ED001A como anexo asociado á fase posterior á presentación. ANEXO DECLARACIÓN RESPONSABLE ( O anexo debe cubrirse completo MARCAR AS CASILLAS QUE CORRESPONDA E ASINARSE)
-
C) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais. Só debe presentar este documento no caso de que se opuxera na súa solicitude de participación á consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
O persoal que xa teña a condición de persoal funcionario de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia e estea en situación de servizo activo estará exento de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento. Só para o caso de que non sexa persoal funcionario funcionario de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia deberá presentar, en tal caso, unha certificación ou folla de servizos do organismo de que dependan, na cal se consignen de forma expresa os seguintes datos: corpo a que pertencen, número de rexistro persoal e se están en servizo activo.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE